Enlaces a interesantes Mapas de Galicia.

 

Paseo Fotagráfico

 

 

 

 

 

Este acontecemento atemorizou tanto á poboación que acudiu ó Intendente da Mariña para solicitar a construcción dun Forte. A mesma poboación ofreceuse a levantalo ás súas expensas, sempre que algún especialista en construccións militares supervisase as obras. Ese home foi o director de pilotos D. Domingo Pérez, autor do Forte da Concepción que chegou ata os nosos días.
Coa axuda da poboación e 9.000 reás concedidos polo Rei procedeuse á construción do Castelo. Asináronselle para a súa defensa 45 canóns.

Actualmente vén de ser restaurado e acondicionado o seu entorno como museo histórico e área recreativa.
Dende el poderemos observar unas fermosas vistas da ría e praia de Cedeira e máis da veciña praia de Pantín.

Teixido (ninguén o ignora) é o enigmático país dos teixos. Referencial dominio sagrado dos galegos situado ao pé do promontorio sobre o océano máis alto da Europa Atlántica: Vixía Herbeira.
En efecto, o val de Teixido é unha metáfora do útero do mundo que contén unha crenza que afonde as súas raíces no substrato mítico preindoeuropeo, quizais de signo matriarcal-naturalista e comunalista. De Irlanda a Grecia, visibilizando aínda a pegada xermánica e prerrománica estamos perante unha manifestación do trasfondo mítico arcaico, a vella Physis divinizada co nidio simbolismo ancestral feminino de fertitilidade, rexeneración e cambio que a herba de namorar simbolizaría.
A Capela de Santo Antón data de 1.661. O seu retábulo barroco procede da igrexa de Cedeira. Á súa beira celébrase cada ano unha romería que atrae a visitantes de toda a comarca. O lugar ofrece unhas singulares vistas da ría e do Océano Atlántico.
Dende Santo André de Teixido dirixindose pola costa cara ó Concello de Cariño, encontrámonos coa Garita da Herbeira, construcción antiga situada ó pe dos acantilados máis altos da Europa Atlántica (620 mt. de altitude) dende onde, si o tempo acompaña, se poden observar unhas impactantes vistas.

Lugar no centro da Serra da Capelada. Utilizado por excursións e reunións organizadas con consentimento do Concello. Un entorno totalmente naturista. A pouca distancia celébrase o Curro da Capelada, un espectáculo que atrae a miles de visitantes.

 

A RAPA DAS BESTAS Curro da Capelada

Cada ano, dende hai moitos séculos, cando a primavera chega á súa plenitude, os gandeiros da Serra da Capelada, véñense agrupando e axudándose mutuamente para realizar as tarefas da rapa e de marcaxe do gando cabalar.

En nada desvirtuou o tempo as ditas tarefas, as súas artes son as mesmas, só o espectáculo cambiou o seu marco, o corral familiar polo curro pechado con troncos de carballo.

A corporación Cedeirense no seu empeño de afianzar e reforzar as tradicións da comarca e de enriquecer no posible os atractivos da zona, logrou escoller un día oportuno para solemnizar as operacións de rapa e marcaxe.

Xente chegada de tódalas partes admirarán a multitude de cabalos dispostos a ser marcados co ferro ó roxo vivo, enfrentados nun duro forcexeo con a habilidade dos cabaleiros...

RESTAURANTES Y ALOJAMIENTO

Restaurantes.

Rest. Nido. Suevos, 9. Telef. 981 48 00 73.

Rest. Brisa. Almirante Moereno 8. Telef. 981 48 00 85.

Hoteles.

(HsR) París - Saint Tropez(*). Paseo Generalísimo, 93. Telef. 981 48 04 30

FESTAS

Fiesta San Andrés
Fecha: 30 de Noviembre

Fiesta de San Isidro Labrador
Se celebra en: Esteiro
Fecha: 15 de Mayo

Curro da Capelada
Fecha: Último Domingo de Junio
Este año el día 27/8/2002

Romería de San Antonio do Curbeiro
Fecha: 13 de Junio

Fiesta de San Cosme
Se celebra en: Piñeiro
Fecha: 26 de Septiembre

Fiesta de Santa Ana
Fecha: 26 de Julio

Fiestas de la Virgen y San Roque
Fecha: 15 de Agosto

Romería de San Andrés de Teixido
Se celebra en: Teixido
Fecha: 8 de Septiembre

 
 
Inicio | Enlaces | Noticias | Tienda | Postales
 
courses: .fr.de.pt.jp
©2000 ComarcaFerrol.com