:: Ayuntamiento de Ares :: ComarcaFerrol.com, Portal de los Ayuntamientos ::

 
 

 

Enlaces a interesantes Mapas de Galicia.

 

Paseo Fotagráfico

 

 

 

 

 

SITUACIÓN

O municipio de Ares, está situado ó norte da provincia da Coruña, na ría que leva o seu mesmo nome, entre os 43º 25' y 43º 28' de latitude norte e os 8º 19' y 8º 12' de lonxitude oeste, formando unha península xunto co concello de Mugardos. Limita ó norte co municipio de Mugardos ,ó leste con Fene e ó sur co Océano Atlántico. Ten unha superficie de 18 km2.e a súa poboación divídese en tres parroquias: San Vicenzo de Caamouco, San Pedro de Cervás e San Xosé de Ares, onde se encontra a capital municipal, Ares.

Concello de Ares.

O concello é un dos de menor extensión dentro da provincia da Coruña, cunha poboación de 4576 habitantes (Censo de 1996), o que lle dá unha grande densidade de poboación, 250,9 habitantes por quilómetro cadrado. Hai dúas zonas ben diferenciadas: a metade oriental non sobrepasa os 50 metros de altitude, exceptuando o sector nordeste onde existen maiores alturas. A metade occidental non mostra moitas diferencias, pero a súa topografía chaira vese interrompida por una banda de granodiorita que dá lugar á presencia de Montefaro (262 metros). Desde este podemos gozar dunha magnífica vista panorámica das rías de Ares, Ferrol e A Coruña.
O río máis importante é o Novo, cunha lonxitude aproximada de 2 km. Desemboca no río Xunqueira, que nace en Mugardos e descorre de norte a sur, morrendo na enseada da Ciscada no núcleo de Ares.

No resto do concello, encontramos pequenos ríos e regatos entre os que podemos sinalar: río Sandeo, que serve de límite municipal con Fene, río Cacho, Rego Romeo que desemboca en Redes, segundo núcleo en importancia do municipio, Río de Baño, Rego de Cal e Rego Pomoulo que desauga na enseada de Chanteiro. Son pequenos cursos de auga de moi curto percorrido e moi próximos ó mar, o cal impide a formación de correntes de auga de gran volume.

SERVICIOS

Ares, pola súa ubicación costeira, non é un concello eminentemente agrícola, xa que historicamente a súa actividade económica estivo orientada cara a outros sectores económicos, como poden ser a pesca, servicios, etc; se ben, na actualidade, aínda que a poboación ocupada na mesma é reducida (tan só un 5,5% do total), a superficie ocupada polas explotacións agrícolas, representa aproximadamente a metade da superficie total do municipio (910 Ha).
En canto ó uso do solo, un 38.60% son superficies cultivables, un 35% forestais e un 12.40 % está dedicado ós pastos.
Con solos de difícil cultivo, obtéñense boas colleitas, sobre todo de millo, patacas, legumes, hortalizas e froitos arbóreos entre os que destacan as mazás, castañas e noces.
A gandería vai en clara regresión e a penas existen granxas, o gando bovino é o máis abundante, seguido do porcino. É claro o predominio das terras en propiedade (88,2%), o que pon de manifesto a tendencia dos propietarios a explotar o seu propio solo, fundamentalmente para o autoconsumo familiar. O sector servicios é o que ocupa á maior parte da poboación activa, xa que Ares é un municipio que pola súa proximidade á cidade de Ferrol estivo sempre influída pola atracción que exercía sobre toda a comarca, o que ocasionaba que grandes masas de poboación se desprazaran a diario á cidade departamental. Como contrapartida no concello de Ares foise desenvolvendo un incipiente comercio, cubrindo unha ampla gama de actividades, co cal as necesidades municipais se cobren cun considerable grao de satisfacción. A industria é o segundo sector en importancia, ocupando a un 26,4 % da poboación activa. Un sector que en certa forma reflicte a riqueza dun concello é a construcción, xa que se a súa actividade é importante e significa que hai movemento de capital. No caso de Ares, e tendo en conta a súa pequena extensión superficial, podemos consideralo como un sector destacado. Hai un total de 12 empresas de construcción completa, reparación e conservación, e 11 de albanelería e pequenos traballos de construcción. Ademais ó redor delas móvense outra serie de actividades, como poden ser instalacións eléctricas, de fontanería, demolicións, etc. Non nos podemos esquecer ó estudiar a economía de Ares do Turismo, sector que nos meses estivais e debido á estratéxica situación deste pequeno municipio costeiro é unha fonte de ingresos considerable. O territorio está pragado de vivendas de segunda residencia que se concentran nos principais focos turísticos, como poden ser Chanteiro, a praia do Raso, etc.

CLIMA

O clima é o común a toda esta zona das Rías Altas, cunha media no verán de 15º e temperaturas máximas estivais próximas ós 30º, podemos observar que a oscilación térmica anual é reducida, ó redor dos 15º , típico de climas oceánicos nos que o mar exerce unha función reguladora.
Predomina o vento do nordeste (188 días ó ano), o vento presenta na zona unhas velocidades que alcanzan unha media de 13 km/hora, se ben, Ares, pola súa situación, orientada cara ó interior da ría, ve diminuída a influencia dos ventos sobre o seu territorio , vento fresco e seco, ideal para a práctica dos deportes náuticos de vela. As formas topográficas son suaves, correspondendo á exquisiteza dos materiais e ós longos procesos de erosión.

FESTAS

Voto de Chanteiro
Se celebra en: Cervas
Fecha: 24 de Septiembre

Fiesta de San José Artesano
Fecha: 1 de Mayo

Festas do Mar
Fecha: 20, 21 y 22 de Agosto
Este año desde el día 20/8/2002 hasta el día 22/8/2002
Varios: Se celebrará la tradicional cucaña en la rampa grande de la playa, habrá verbena, una gran mejillonada en el puente de la Ciscada. Se celebrará misa de campaña en honor a la Virgen del Carmen en el muelle.

Romería de San Antonio
Se celebra en: Seselle
Fecha: Primera Quincena de Julio

Fiestas de San Roque
Fecha: 30, 31 de Julio y 1 de Agosto
Este año desde el día 30/7/2002 hasta el día 1/8/2002
Varios: Habrá un pasacalles, festival folclórico, reparto de mil bolsas de uvas y fuegos artificiales a medianoche

Fiestas de la Asunción
Se celebra en: Lubre
Fecha: 15 de Agosto

Fiestas de Carnaval
Fecha: Martes de Carnaval
Este año el día 16/2/2002 Alfombras en Ares Fecha: Primer Fin de Semana después de Corpus Este año desde el día 5/6/2002 hasta el día 6/6/2002      

   
courses: .fr.de.pt.jp
©2000 ComarcaFerrol.com